sábado, 8 de septiembre de 2018

martes, 24 de julio de 2018

CALES SON OS REFERENTES DA TÚA ESCRITA?





Neste caso, falo sobre os meus referentes literarios en relación coa miña escrita.

http://www.aelg.gal/resources/centrodoc/members/interviews/1528742267426pedrofernandez_referentes.mp4

sábado, 21 de julio de 2018

CALES SON AS LECTURAS QUE ALIMENTAN A TÚA OBRA?


Pregunta respondida para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Feita en Vigo no ano 2012, na que respondo sobre as lecturas que alimentan a miña obra.



http://www.aelg.gal/resources/centrodoc/members/interviews/1528742181250pedrofernandez_alimentanasuaobra.mp4

sábado, 7 de abril de 2018

RESEÑA REVISTA COLEGIO DE ECONOMISTAS


Reseña aparecida en la revista del Círculo de Economistas, con motivo de la presentación de la novela ''Maestro de Campobecerros''.


domingo, 23 de julio de 2017

XENDIVE


Vista de Xendive, un dos pobos nos que transcorre  ''Maestro de Campobecerros''




Xendive, esa terra antiga, chega de recordos. Camiñar por ela contrasta coa época na que a vida era máis presente e palpable. Esa vida que acontencía en pleno periplo do meu pai no libro ‘’Maestro de Campobecerros’’, e que tanto me fixo pensar.  Unha Xendive que cada vez se intúe menos, e queda máis nos recordos e na historia. 

INTERVENCION DEL CATEDRATICO AVELINO MULEIRO EN LA PRESENTACION DE ''MAESTRO DE CAMPOBECERROS''


Transcribo a intervención do catedrático Avelino Muleiro na Casa do Libro con motivo da presentación de ''Maestro de Campobecerros'' do 22 de Maio do 2017.

PRESENTACIÓN LIBRO Maestro de Campobecerros, de Pedro Fernández Núñez


É para min unha honra participar neste acto de presentación do libro Maestro de Campobecerros, de Pedro Fernández Núñez. Ademais estou ben acompañado porque me acompaña a parte do autor e do editos o meu amigo Antón Pulido, autor da portada do libro. E onde está Pulido o éxito está garantido porque con el non hai aburrimento.

            Cando se me invitou a estar neste acto aceptei de inmediato porque Pedro é un bo amigo, que nos coñecemos desde hai moito tempo, compartindo con el e con Antón o mesmo centro educativo de bacharelato, como saben moitos dos aquí presentes; pero, ademáis, Pedro forma parte do IEC, do que eu son director, pois é socio desde hai uns anos. E a historia que nos conta no libro pertence, en boa parte, ó ámbito territorial de investigación que establecen os Estatutos do Instituto de Estudios Carballiñeses.

      Teño que confesar que parte do libro a lin durante un par de horas dunha noite e o resto, nunha hora da tarde. E direilles que me fun metendo nel desde o principio con certa curiosidade e, pouco a pouco, íame decatando que, ós poucos, empezaba a agromar en min a nostalxia porque me atopaba con lugares comúns e con persoas que dalgunha maneira me resultan coñecidas ou me soan. Para min sonmme familiares, por vecindade ou proximidade, os lugares de Oseira, Confurco, Xendive, Carballiño, A Bubela, Nogueiroa, Almuzara… ou nomes como a hospedería “La Confianza”, Cafetería el Cortijo, a rúa do Progreso (antes Xeneral Franco), a rúa Villar, a rúa do Paseo (en Ourense). Nesta mesma nómina meto os nomes de Aurelio, Alfonso, Pedro… cos que gardo certa relación ou dos que teño referencias.

            Pedro cualifica este libro de “novela costumbrista”. E ten razón porque se facemos caso ó que se entende por tal -A novela costumbrista ou de costumes é un xénero literario cuxa finalidade é retratar e describir os costumes e tipos dun país, rexión ou pobos- coincide co contido do libro.

Con todo, tampouco se poderá considerar un dislate catalogalo de biografía e, ó mesmo tempo, de pequena autobiografía porque el, aínda que relata a vida de seu pai, faino referenciándoo como José ou Pepe. E o Pedro que aparece polo medio, tampouco di que sexa el, senón que aparece como o fillo de José. É dicir, o libro vén a ser un relato, contado en terceira persoa, pero debaixo da que se agochan o pai (protagonista), fillos, muller, familia e amigos.

            O papel de Pedro neste libro evócame El Espectador de Ortega y Gasset. Dicía Ortega que baixo o título de El Espectador está a integridade dos pensamentos emboscados que só se pode desenvolver na vida mesma da obra. E ademáis, Maestro de Campobecerros tamén coincide co Espectador na teima e insistencia da política collida da man da Guerra Civil. “Desde hace medio siglo, en España y fuera de España, la política –es decir, la supeditación de la teoría a la utilidad- ha invadido por completo el espíritu”, escribe Ortega.

Co Maestro de Campobecerros, Pedro pretende converterse no espectador que quere transmitir ós seus lectores costumes, crenzas, vivencias, situación, vicios e virtudes dunha sociedade da posguerra, enquistada no pasado, que empezaba a modernizarse moi devagar e con enormes prexuízos.  E, polo tanto, un relato antropolóxico dunhas comarcas concretas que son xeneralizables a toda Galicia e mesmo a España.

Detrás de Pepe e dos personaxes cos que trata este, escóndese unha historia real cuxo cerne está labrado co Seminario e coa Guerra Civil. E sobre ese eixo pivotan temas tan importantes como a relixión, a moral, a política, a economía, a pobreza, a psicoloxía… E por iso Pepe e os seus interlocutores contribúen a facer a historia en maiúscula.

Hacer historia no es lo mismo que escribir la historia. La historia la hacen realmente los hombres y los hechos al producirse y proyectarse en el tiempo como algo que pasa. Rememorar esos personajes y sus obras es propio de la historia, comprendida por Cicerón como “maestra de la vida, testimonio de los tiempos, luz de la verdad, vida de la memoria, nuncio de la antigüedad”. Hay que partir del presente y tratar de llegar a las entrañas del pasado para conocerlo tal cual fue. La tarea no es fácil porque el tiempo no deja señales de su marcha sucesiva y sin interrupción”.

            Estas palabras marcan o comezo dun traballo titulado Quehacer: MEMORIAR, de Ignacio Herrero Fuentes, outro mestre como Pepe, pero republicano e represaliado, nado en Pedrafita do Cebreiro en 1909 e finado en Venezuela en 2005. Ignacio Herrero pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza en Orense (ATEO). Despois da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido, aínda que logrou fuxir da cadea. Exiliouse en Cuba e despois pasou a Panamá onde foi profesor na Universidade dese país.

Pepe e Ignacio Herrero fixeron historia en Galicia, e tanto Pedro Fernández Núñez, con Maestro de Campobecerros, como Xosé Manuel Cid, con Educación e ideoloxía en Ourense, 616 mestres represaliados, escribiron esa historia.

            O 29 de decembro de 2010, Xesús Alonso Montero, Xosé Lois Gonzalez “O Carrabouxo” e mais eu presentábamos en Esposende (Ribadavia) o libro de Xosé Manuel Cid –profesor da Facultade de Ciencias da educación da universidade de Vigo no campus de Ourense- titulado Educación e ideoloxía en Ourense na IIª República. Dicía eu daquela que naquel acto íamos presentar un libro dun episodio, estremecedor e triste, da historia deste país. Un libro no que se denuncia a persecuación, a depuración e a purga ás que se viron sometidos mestres e mestras desde 1934 ata ben entrado o réxime franquista. Fálase nese libro que foron máis de 616 mestres e mestras da provincia de Ourense os que sufriron algún tipo de sanción. Algúns deles foron asasinados.

      Un grupo importante destes mestres agrupáronse nunha Asociación dos Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), (¡curiosa coincidencia ideolóxica do acrónimo coa semántica do sustantivo equivalente!).  O órgano voceiro do seu traballo foi unha revista,  Escuela del Trabajo, na que plasmaban as publicacións do seu labor fundamentalmente pedagóxico. Estou seguro de que José, o Maestro de Campobecerros, non pertencía a esa Asociación, aínda que no libro que presentamos hoxe non se di nada ao repecto. Pero seguramente si que debía coñecer a moitos daqueles mestres xa que algúns deles pertencían a mesma comarca do Carballiño. Eloy Sobrino Villar, con  escola en Beade; José Rivera, en Avión; Longino Rodríguez de la Iglesia, que foi asasinado, nas Terras do Carballiño; Ramiro Gómez, en Partovia; Heriberto Rodríguez Ozores, en Maside; Evaristo Suárez Alberte, Director da Graduada do Carballiño; José Varela, na Veiga.

            Pero aínda que José os coñecese, non tería que levarse moi ben con eles, xa que, polo que di Pedro, fillo de José, paréceme que non encaixaba no seu perfil. Porque se facemos caso de como actuaban moitos daqueles mestres, José arrepiaríase de tratalos. Vexan este documento dun daqueles mestres, Raúl Gonzalez. Del escribía, o 4 de febreiro de 1939, o instrutor como cargos o seguinte:

 “En el aspecto profesional enseñaba a los niños de su escuela doctrinas disolventes, llegando al extremo de coger un crucifijo y arrojarlo al suelo en presencia de sus alumnos, los que efecto de las expresadas enseñanzas, proferían y escribían blasfemias con el beneplácito de su profesor”. Sic.
José, en cambio, rezaba o rosario e as ladaíñas, nas que a veces se quedaba dormido. Cumplía con el “precepto” y compraba la bula en la Cuaresma. Como di seu fillo Pedro (pág. 152), “José era creyente y siempre veía por encima de todo la acción de un ser superior y hablaba a menudo de la doble dimensión del hombre: material y espiritual.... Le encantaba ir a misa los domingos con todos sus hijos”.

            Nada que ver, xa que logo, a presentación daquel libro de Xosé Manuel Cid con esta de Pedro. A de hoxe é unha presentación dun personaxe que destila honradez, defensa duns valores compartidos por unha grande maioría de galegas e galegos (familia, traballo, educación, xustiza), tolerancia (especialmente cos incrédulos e republicanos), etc.

            Non hai dúbida ningunha que este libro que hoxe presentamos, a parte de cualificalo como novela costumbrista, é un estudo antropolóxico e social dunha época da historia de Galicia posterior á Guerra Civil. A min este libro faime evocar as Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Hai un certo paralelismo nos contidos, na estrutura sumarial e mesmo na forma do relato.

            A descrición da vida na aldea das Memorias preséntanola Neira Vilas así:

No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son como espeteiras para encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sen tentos.
Que saben disto os nenos da vila! Eles ignoran o que eu pensó mentres boto ó corpo un gurrucho de caldo con broa. Ou que sinto cando estou no monte pingando, aterecido, vendo por entre a chuvia un fantasma bretemoso en cada árbore.
A aldea é unha  mestura de lama e fume, onde os cans ouvean e a xente morre “cando está de Deus”. Os rapaces somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temo a pobreza e os trafegos da terra aniñados nos ollos…
Vexo sombras e luces, nubeiros que viaxan, lume, árbores…
   (Día da festa) Diante ía un home coa cruz. Seguía outro co pendón. E despois o estandarte, santos, o cura, vellas que rezaban, rapaces…¡que sei eu! Coma todos os anos. Tocaban os gaiteiros unha marcha. A mesma de sempre. Cada tanto, un home arrimáballe o chiqueiro a un foguete de tres estralos. Os rapaces coríran tras da canavela… E miña nai arretregábame contra si. “Reza e mira para os sntos”, dicíame.
   “Eu son Balbino. Un rapaz e aldea. Coma quen di, un ninguén.’’

Os costumes de Campobecerros e de Xendive non se diferencian dos da aldea de Balbino: Festa da parroquia, a celebración do Entroido, vivencia do enterro, arraigo relixioso nas familias…
            Destacan tamén os personaxes curiosos, presentes en todas as parroquias galegas. Na aldea de Balbino están o xudío –que filosofa con Balbino sobre a existencia de Deus e a hipocresía da xente que vai á igrexa-, o Mosteiro –veciño que emigrou a Cuba-, o Cordal –que  critica os costumes dos vecinos-, o pai de Andrés –con tres fillos e sempre borracho-, o can Pachin, o tolo de Quintás…

            O paralelismo entre os dous libros, o Maestro de Campobecerros e Memorias dun neno labrego parecen evidentes. Así temos a descrición da escola en ambas aldeas: Balbino relata a su experiencia na escola. “Hai un curro con plantas de chuchamel e dúas nogueiras moi grandes. As escaleiras do patín son de pedra, con carraza nas xuntas, pola chuvia. É grande a escola pero está sempre baldeira. Van poucos rapaces. Ás veces non vai ningún. Don Alfonso (o mestre) era ruín. Explicaba pouco e zoscaba arreo. ¡Que maneira de mallar e de turrarnos das orellas! Moitos rapaces lataban, non ían á escola porque tiñan medo. E porque non entendía o falar de don Alfonso. ‘’

Algo parecido debeu pasar en Campobecerros cando chegou José á escola: (Páx.  42-43) “Vió como unos niños escapaban corriendo al pasar a su lado y gritando e incluso algunos escondiéndose como asustados: Llegó el nuevo maestro, gritaban. Ocultaros, corred. Pero chega José que lle di ós alumnos: “Tengo que enseñaros, sobre todo el alfabeto, la doctrina y los números…” (páx. 46) Tamén chegou Eladia na escola de Balbino, de quen se enamora o rapaz. Hai, con todo unha diferenza: nas Memorias, Balbino quéixase de non entender como fala o mestre –fala en castelán-, mentres José fálalle ós eus alumnos en castelán.

Mesmo a morte do padriño de Balbino é un relto paralelo o de Alfonso, o cura de Trasariz, sobriño de José. E, curiosamente, o Petorro do Maestro de Campobecerros parecía copia do Serafín, o enterrador, das Memorias dun neno labrego.

Petorro –escribe Pedro- era “un auténtico cero social, un desconocido, un don nadie, un inútil; un moz del pueblo que las tenía todas: pequeño, retrasado mental y además tartamudo. Hablaba como si tuviese la garganta rota. Sin una mano… Casi siempre llevaba una camisa negra y pantalones de pana marrón y zuecos. (páx. 116).-
Serafín “é home de poucas falas e de paso vagoroso. Pequenote, fraco e pernas tortas como abeacas… Falaba a treu e coma se estivese nun púlpito… Disque veu da montaña hai moitos anos. Gasta pantalón de dril e chaqueta de pana remontada, e leva posta sempre unha pucha grande…’’

            Hai algúns temas recorrentes no libro: a relixión, a Guerra Civil, os fenómenos meteóricos (auga, treboada, frío, neve, calor), a natureza, os costumes, os marxinados e desarraigados, e a familia. A vida da posguerra está suliñada con toda a crueza elixindo situacións e personaxes que encarnan a pobreza nas circunstancias máis extremas. E o autor deste libro trata de enfrontar as ideas, as crenzas e a conduta de seu pai con personaxes antitéticos: Alejandro “el rojo”, Don Manuel o cura, Atilano “el comunista”, Petorro o “tartamudo”, Agapito “o indiano”, Cañón “borracho y blasfemo”, Carolo “el loco”...

     Trato especial merecen para o autor tres curas ós que José lle ten algunha manía: seu tio Juan -o castrense-, Don Manuel –o cura da parroquia de Xendive- e Ribada –o cura de Campos. José non aceptaba con ningún deles as súas condutas. Só respectaba e apreciaba a forma de ser de seu irmán Alfonso, cura de Trasariz que faleceu ós 30 anos dunha morte sen esclarecer.

            E non faltan anécdotas no libro que producen desternillo. A min fíxome rir a seguinte: (Páx.cita)

     Lean o libro e despois a ver se comparten a idea de que “cualquier tiempo pasado fue mejor”.

Parabéns, Pedro.

                            AVELINO MULEIRO
                            Vigo, a 22 de maio de 2017

                                    Casa do libro