sábado, 20 de mayo de 2017
PRESENTACIÓN DO LIBRO ''MAESTRO DE CAMPOBECERROS'':
As 8 da tarde do vindeiro Luns 22 de Maio, farase presentación do libro ''Maestro en Campobecerros'' na Casa do Libro de Vigo.
No acto, estarei acompañado de Avelino Muleiro, Severino Cardeñoso e Antón Pulido, quen deseñou a portada do libro.
viernes, 19 de mayo de 2017
ENTREVISTA NA COPE ''MAESTRO DE CAMPOBECERROS''
Aquí tedes o enlace por se queredes escoitar a entrevista que me fixeron o pasado Xoves na COPE. Neste programa do mediodía, respondo as preguntas feitas en relación o libro recientemente publicado pola editorial Cardeñoso, ''Maestro de Campobecerros''.
lunes, 17 de abril de 2017
domingo, 16 de abril de 2017
ARGUMENTO
MAESTRO DE CAMPOBECERROS
José, recibe en Bilbao el Primer Premio de Promoción Familiar, porque con el sueldo de maestro dio estudios a todos sus hijos. Cuando sube al estrado a recogerlo, su cabeza le da vueltas y más vueltas. Recuerda en unos instantes toda su vida de adulto.
Aprueba los exámenes para ejercer como maestro nacional y su
primera escuela, Campobecerros, Campos. Tiempos difíciles, la
posguerra en los que la gente se protegía del frío en las
cafeterías, calefacción social como decían algunos. Y
precisamente, camino del pueblo entra en un bar en Verín, un bar que
está totalmente abarrotado. Queda sorprendido porque cuando se fue
la luz todo el mundo aprovechó para salir y no pagar. Allí
conoció incluso a un contrabandista que usaba ataúdes para traer
tabaco y café de Portugal.
Pero tiene que trabajar también de estanquero y ayudar a veces en
la calceta para pagar su comida, poniendo los brazos en cruz como
Jesucristo, extendidos para hacer el ovillo de lana. En Campos conoce
gente muy especial: Emilio que recitaba el alfabeto con nombres de
mujeres: Ana, Benita, Camila, Domitila… y sabía la tabla de
multiplicar hasta el 12 o Celestino que presumía de ser hijo de un
cura y siempre lo aireaba delante de los clérigos.
Mas adelante le destinan Xendive. Nada más llegar
va a visitar a una familia muy pobre y ve como el postre de los
niños es recoger las migajas de pan que quedaban en la mesa. Además,
allí la gente no iba al dentista. Los dientes los sacaban ellos
mismos subiendo a una mesa y colgando un hilo del techo.
Con la matanza del cerdo de cada año llega la alegría de las
familias. Pero no siempre llega a casa del maestro. Cuando sus hijos
se hacen mayores siente la necesidad de irse para una localidad donde
haya centros de enseñanza. Y así llega por fin a Bilbao donde ve
cumplidos sus deseos: que sus hijos estudien , la mejor herencia. Por
un momento piensa que está soñando. Que no puede ser verdad. Pero
cuando baja del estrado ve que todo es real y abraza a sus hijos
llorando, aunque no sabe por qué, cree que su final está próximo.
martes, 26 de noviembre de 2013
BOAS FESTAS (publicado no xornal De Luns a Venres)
* Recupero un artigo que escribín o ano pasado, por datas máis ou menos similares. Penso con nostalxia que lamentablemente moitas cousas non mudaron, e algunhas incluso foron a peor.
_________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________
Chámame a atención unha frase que
escoito a miúdo estes días: ''Desexo que acaben estas festas''. O
Nadal foi sempre unha data esperada por maiores e pequenos, homes e
mulleres, pobres e ricos. Pero este ano, non. Máis de cinco millóns
de parados, dos maiores desempregos de Europa, conxelación de
pensións, copago, recortes salariais e sociais, despedimento doado e
barato. E non sigo para non aburrilos porque dobran as campás pola
morte do Estado do Benestar e só nos quedan xa as alegrías da
selección nacional, primeira potencia mundial.
Pero este ano todo o mundo parece ter
présa en que pasen as festas. ¿A que se debe? A única explicación
é que convertemos o Nadal, en lugar dunha festa, nun mercado.
Inflámolas tanto que ameazan con triturarnos. O capón, ollomol,
angulas, turróns e cava e o Nadal pasou a ser un trafego de
obsequios de aquí para alá, festexos, felicitacións, viaxes e
papás noeles subindo polas fachadas, Reis...e todo iso empachounos.
Este ano nótase aínda máis pola crise. Quen non pode permitirse
eses dispendios anda triste e os que se meten neles pregúntanse como
van pagalos. O caso é que moitos desexarían que estas festas xa
rematasen. En certo sentido, convertémonos todos en escépticos,
ante uns días que viñan representando o triunfo da familia, a
amizade, a calor humana, a satisfacción polo simple feito de ter
vido a este mundo. É a mensaxe que quixese transmitir nestes tempos,
ante a desilusión que nos rodea.
Chega un a estes días de Noiteboa con
verdadeiras ganas de dar boas novas. Está farto de tanta violencia
por todas as partes, suicidios por desafiuzamentos e unha banca que
recibe axudas millonarias e que vai á quebra, xestores que se
enriquecen e diñeiro de políticos que escapa para Suíza.
No medio de tanta desgraza, quixera
anunciar, coa humildade, aquela máxima da estrela, aínda non
superada por ningunha campñaa de mercadotecnia: ''Paz na terra aos
homes de boa vontade''. Quero dicir que, malia todo, progresamos.
Avanzamos mesmo cando parece que imos para atrás. Avanzamos
correxindo as nosas equivocacións. É o feitizo da democracia.
Ou...¿será so o feitizo destas datas?
Non é esta a primeira crise que
atraves o noso país. E non será desde logo a última. Noutras máis
difíciles nos vimos e, no entanto, saímos. Vénme á memoria cando
Azaña escapou para Francia e durante a fuxida lles repetía aos seus
acompñaantes o que dixo Sancho: ''O que posúo lévoo posto. Nu
nacín e nu me acho; nin perdo nin gaño''
Menos tiña aquel que naceu tal noite
como a de Noiteboa de hai mais de 2.000 anos e xa ven...cambiou o
mundo. Así que: ¡Boas festas a todos!
O VALOR DO NOSO VOTO (publicado no xornal De Luns a Venres)
¿Van darnos as eleccións galegas do
21-O as claves da aceptación que ten o Goberno de España? Pois non
e si, o que é unha resposta moi galega. Galicia pasou a ser estes
días o campo de batalla da política nacional. Aquí viñeron os
principais espadas políticas. Imaxino o sorriso co que os galegos
oirían en castelán cal é o remedio aos seus problemas. Os galegos
non van poder afastarse da actual situación econonómica en que se
celebran as súas eleccións, as primeiras cun Goberno conservador en
maioría, unhas eleccions con tantos e tantos recortes que, segundo
di o Goberno, poden ser fame para hoxe, pero pan para mañá; cunha
prima de risco que non deixa de subir e cuns investidores que
escapan de España como as lebres ante unha perdigonada.
Así que imos votar non só a Feijóo
ou Pachi Vázquez-as voces dos seus amos-, senón tamén a Rajoy e a
Rubalcaba, que para algo viñeron aquí. Non imos recomendar a quen
deben votar, por suposto, pero cando voten, que pensen que están
votando non só ao Goberno galego da Xunta, senón que van votar
tamén ao Goberno de Madrid.
Por outro lado, a romaría dos debates
para mover o mercado electoral non nos aclarou nada. Ningunha
proposta, só críticas. Os nacionalistas moi divididos e aos
socialistas aínda lles pesa a herdanza de Zapatero; e a uns e
outros, a pantasma de bipartitos ou ata tripartitos. E golpes e máis
golpes ao contrario, intentando romperlle o espiñazo e meter en
cintura a Feijóo, favorito nas enquisas. Ían comelo cru. Pero
escapoulles vivo....¡e iso que algúns levaban a gadaña ben afiada
aproveitando os ventos desfavorables da crise! O paro en Galicia que
non para, as pensións conxeladas, as preferentes, o naval, o
copago...E non sigo para non aburrilos.
PÁGINA WEB
Os enlazo mi nueva página web, que estará en reformas unos días hasta su acabado final. Complementará este blog a pesar de conservar cada espacio una cierta independencia. ¡Un saludo a todxs!
www.pedrofernandez.yolasite.com
www.pedrofernandez.yolasite.com
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


