martes, 26 de noviembre de 2013

O VALOR DO NOSO VOTO (publicado no xornal De Luns a Venres)


¿Van darnos as eleccións galegas do 21-O as claves da aceptación que ten o Goberno de España? Pois non e si, o que é unha resposta moi galega. Galicia pasou a ser estes días o campo de batalla da política nacional. Aquí viñeron os principais espadas políticas. Imaxino o sorriso co que os galegos oirían en castelán cal é o remedio aos seus problemas. Os galegos non van poder afastarse da actual situación econonómica en que se celebran as súas eleccións, as primeiras cun Goberno conservador en maioría, unhas eleccions con tantos e tantos recortes que, segundo di o Goberno, poden ser fame para hoxe, pero pan para mañá; cunha prima de risco que non deixa de subir e cuns investidores que escapan de España como as lebres ante unha perdigonada.

Así que imos votar non só a Feijóo ou Pachi Vázquez-as voces dos seus amos-, senón tamén a Rajoy e a Rubalcaba, que para algo viñeron aquí. Non imos recomendar a quen deben votar, por suposto, pero cando voten, que pensen que están votando non só ao Goberno galego da Xunta, senón que van votar tamén ao Goberno de Madrid.


Por outro lado, a romaría dos debates para mover o mercado electoral non nos aclarou nada. Ningunha proposta, só críticas. Os nacionalistas moi divididos e aos socialistas aínda lles pesa a herdanza de Zapatero; e a uns e outros, a pantasma de bipartitos ou ata tripartitos. E golpes e máis golpes ao contrario, intentando romperlle o espiñazo e meter en cintura a Feijóo, favorito nas enquisas. Ían comelo cru. Pero escapoulles vivo....¡e iso que algúns levaban a gadaña ben afiada aproveitando os ventos desfavorables da crise! O paro en Galicia que non para, as pensións conxeladas, as preferentes, o naval, o copago...E non sigo para non aburrilos.

(17/10/2012)

*Para ver o orixinal pinchade aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario