martes, 26 de noviembre de 2013

RAJOY, O HOME DA FOUCE (publicado no xornal De Luns a Venres)


Coas medidas de axuste o Goberno non aforra o que prometeu. Para empezar, unha parte da paga extra dos funcionarios que agora lles quitan, volvería ao erario público en forma de impostos e o tipo marxinal máis alto. Ademáis, o que lles quedase desa paga extra de Nadal iría parar ao consumo e o Fisco recadaría máis por IVE, un imposto que nalgúns casos se triplica. Todas estas tesoiradas supoñen para cada galego un desembolso adicional de máis de mil euros.

Total, que se Keynes, con cuxas teorías económicas se superou unha crise mundial, resucitase, volvería á tumba.


¿Pero por que toma Rajoy estas medidas? Pois porque a bancarrota das caixas lle estourou na cara. Claro que un banco non é a tenda da esquina que se pecha dun día para outro e non pasa nada. Nun banco hai saldos, hipotecas e sobre todo confianza. Confianza que se pode perder e que á xente lle entre medo e retire o diñeiro, un diñeiro que sempre é covarde; ainda que nos EEUU hai uns anos si deixaron caer bancos, e o mesmo aconteceu recentemente nalgún país europeo. As medidas duras e dificiles deben ser ademais xustas e eficaces. Outros países xa empezan a ver a saída do túnel e nós acabamos de entrar nel. E nada celebraría tanto como equivocarme.

(18/07/2012)

*Para ver o orixinal pinchade aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario